
Tras dúas semanas de intensas negociacións 196 alcanzaron en París un pacto global que tentará limitar o aumento das temperaturas do planeta a menos de 2 graos centígrados.
O Acordo de París, que conta con 11 páxinas e unha ‘Decisión’ que o desenvolve noutras 20, é xuridicamente vinculante, aínda que non a súa totalidade: non o son os obxectivos nacionais de redución de emisións de gases de efecto invernadoiro que presentan os países, como pretendían China, Estados Unidos ou a India.
As delegacións premiaron cunha longa ovación o momento en que o Presidente da Conferencia, o Chanceler francés, Laurent Fabius, sinalaba a aprobación por consenso do esperado pacto.
Cada cinco anos os países deberán revisar as súas contribucións por un mecanismo de “reporte e rendición de contas transparente”, coa idea de ir renovando as súas promesas nacionais á alza para lograr o obxectivo proposto de que a temperatura non aumente máis de dous graos, e os novos compromisos nunca poderán ser menos ambiciosos que os anteriores.
Ao falar na sesión de clausura, Ban Ki-moon transmitiu unha calorosa felicitación aos delegados e afirmou que o 12 de decembro pasará á historia polo alcance dun acordo que constitúe un triunfo monumental para os pobos e o planeta.
“Non podía irme sen agradecerlles a todos. En momentos dun reto sen precedentes, demostraron un liderado sen precedentes”, díxolles Ban.
Engadiu que os negociadores alcanzaran resultados sólidos en todos os puntos principais e que lograran un acordo solidario.
“É ambicioso, flexible, creible e duradeiro. Todos os países acordaron manter a elevación da temperatura a un nivel moito máis baixo que os 2 graos centígrados. E ao recoñecer que os riscos implican graves consecuencias acordaron que o limite sexa 1.5 graos, algo moi importante para os pequenos Estados insulares e os países menos desenvolvidos. Escoitaron as voces dos máis vulnerables”, dixo.
Engadiu que os Gobernos se han comprometido a un acordo vinculante, robusto, que pugna pola transparencia co establecemento de mecanismos de revisión que a partir de 2018 permitirá ás partes avaliar cada cinco anos que fai falta facer no campo climático, en sintonía coa ciencia.
Lea ademáis: *París, un acordo decepcionante que desatende á cidadanía” Ecoloxistas en acción
Para facer efectivo o acordo, os países tomaron varias decisións sobre mitigación, adaptación, as perdas e danos relacionadas co fenómeno, o financiamento, o desenvolvemento e a transferencia de tecnoloxía.
Así mesmo decidiron establecer o Comité de París sobre o Fomento da Capacidade, que fará fronte ás carencias e necesidades que se detecten nos países en desenvolvemento.
O Acordo de Paris será asinado formalmente o 22 de abril de 2016 na sede da ONU e entrará en vigor ao trixésimo día contado desde a data en que non menos de 55 Partes na Convención, cuxas emisións estimadas representen globalmente un 55% do total das emisións mundiais de gases de efecto invernadoiro, depositasen os seus instrumentos de ratificación
ONU//Acordo de París




Comments are closed.